Facebook Twitter Google +1     Admin
----- HOLA... ES UN PLACER DARTE LA BIENVENIDA A MI BLOG. EL NAVEGADOR QUE HE USADO PARA CONFIGURAR LOS CONTENIDOS ES EL MOZILLA FIREFOX. SI NO CONSIGUES VER LOS LATERALES, TALES COMO EL TRADUCTOR, LA FECHA y LA HORA, EL CONTADOR, ETC. POR FAVOR CAMBIA DE NAVEGADOR. DEBIDO A LA VARIEDAD DE TEMAS, LA PORTADA PUEDE TARDAR UN POCO EN CARGARSE, POR LO QUE TE PIDO PACIENCIA... MUCHAS GRACIAS. ----- ----- COMUNICO QUE PUEDE QUE EN ALGUNAS DE LAS PUBLICACIONES NO SE PUEDEN VER YA LAS FOTOS y LOS GIFS e INCLUSO ALGUNOS VÍDEOS, TODO ELLO ES AJENO A MI VOLUNTAD, YA QUE YO SOLO COMPARTO DE INTERNET ESTE MATERIAL, y SON SUS LEGÍTIMOS PROPIETARIOS LOS QUE MANDAN y DISPONEN -----

Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2018.

- A FRAN, UN ANO DESPOIS -

20181119215614-lazo-leucemia.gif

Non me maltrata nin me deprime, a pouca vida que me poida quedar.

Nin me maltratan nin me deprimen, as moitas desgrazas que me poidan chegar.

O que me maltrata e deprímeme, é o moito que por tí me queda por chorar.

 

Non me maltrata nin me deprime, o sol teimudo que me pode queimar a pel.

Nin me maltrata nin me deprime, o frío salvaxe que pode engrosar o sangue como o mel.

O que me maltrata e deprímeme, son os teus recordos que me levan ao día aquel.

 

Non me maltrata nin me deprime, un montón de certos enfados.

Nin me maltratan nin me deprimen, todos os meus pecados.

O que me maltrata e deprímeme, é pensar nos curandeiros trabucados.

 

Non me maltrata nin me deprime, a debilidade neste mundo do meu ser.

Nin me maltrata nin me deprime, a ignorancia ou o meu pouco saber.

O que me maltrata e deprímeme, é a inxustiza de ter tí tan axiña que morrer.

 

Non me maltrata nin me deprime, o canto dun crego recaudador.

Nin me maltrata nin me deprime, a propaganda que poidan eles facer do creador.

O que me maltrata e deprímeme, é que non atendesen os deuses as súplicas para facerme aquel favor.

 

Non me maltrata nin me deprime, ter que pensar a miúdo na morte.

Nin me maltratan nin me deprimen, algúns padeceres ou algunha dor forte.

O que me maltrata e deprímeme, é a túa mala sorte.

 

Non me maltrata nin me deprime, escribir esta poesía.

Nin me maltrata nin me deprime, camiñar á procura da túa perdida compañía.

O que me maltrata e deprímeme, é lembrar como o teu corpo alí deitado aqueles días sufría.

---------------

Copyright

Todos los derechos reservados.

Válido solamente para lectura, ni se regale

ni se comparta.

* He escrito en gallego, porque me lo pedía el cuerpo en este momento. Pido disculpas a quien no la entienda, y ruego que se utilice el traductor correspondiente, para su buena compresión. Muchas gracias.

 

 ---------------


 SENÉN CAMPOS MACEIRAS

A ESTRADA – 19/11/2.018

monjas

 

19/11/2018 21:56. Senén Campos Maceiras #. sin tema No hay comentarios. Comentar.