- QUIXERA -
Otra poesía escrita en gallego para un certamen de recitación, convocada para la entrega de un premio, el "Avelina Valladares" de poesía aquí en A Estrada (Pontevedra). La publico así, para no restarle nada de autenticidad, el que lo desee puede acudir al traductor para entenderla en su totalidad.
Disculpad las molestias que ello os pueda causar.
---------------
- QUIXERA -
Quixera escribir sobre os montes e os outeiros galegos e toda a súa xenuína natureza
pero para que, pois certo é que só quedan neles as cinzas das xa frecuentes fogueiras.
Quixera debuxar poesía en longos campos de flores con brancas margaridas e dentes de león
pero é imposible para min porque de moitos deles nin sequera quedan as toupeiras.
Camiñar quixera coma cando era neno, por estreitas sendas de terra dura, entre casas de pedra escurecida polo paso do tempo
e ben quixera oír como entón, os galos cantando e os cans ladrando nesas pechadas eiras.
Ir rodando quixera sobre esa herba verde que lle deu tanta cor á paisaxe galega
pero será difícil porque case non quedan como dixen, nin campos, nin prados, nin herbeiras.
Mirar quixera aquelas andoriñas xogar co vento da primavera, en vertixinosos voos de caída
para entrar por estreitos pasos aos seus niños suxeitos como por maxia a pequenas fendas en trabes nas palleiras.
Quixera ollar máis castaños e máis carballeiras, e non tantos eucaliptos procedentes das nosas antípodas
que son refuxio principal nas alturas das colmeas das avespas asasinas extranxeiras.
Quixera sentir os aturuxos nas lumaradas de San Xoán, ao redor dunha queimada
e cantando nas esfolladas e bailando unhas muiñeiras.
Quixera que non se lembraran do rural (como lle chaman agora) só para recadar impostos
como foi o mandar un helicóptero para quitar fotos de sesenta €uros, todo froito das políticas bandoleiras.
Quixera nesta nosa Galicia, menos cidade de non sei que cultura nas montañas de Santiago
e tamén menos discursos de políticos modernos, de un AVE tren xa retrasado dabondo, con promesas mentireiras.
Eu quixera querer, e o querer quixera
que aquel meu tempo de raparigo na aldea, volvera.
Copyright
Todos los derechos reservados.
Válido solamente para lectura, ni se regale ni se comparta.
---------------
SENÉN CAMPOS MACEIRAS
A ESTRADA - 27/11/2019
0 comentarios