- NADAL SEN FRAN -
- NADAL SEN FRAN -
Este primeiro Nadal sen Fran
lémbrame ese destino cheo de males,
e todos os meus pensamentos ao seu recordo van,
convertendo as miñas bágoas, en manantiales.
Penso que algunhas bágoas limpam o corazón,
penso que outras só a cara humedecen,
pero todas serán bágoas pola admiración,
polo recordo daqueles que non se esquecen.
Xa non me importa morrer
sabendo que Fran estará á miña beira,
só quixese entón saber
cando será a miña bocanada derradeira.
Xa non me importa morrer
e que se derritan os meus ósos,
xa non me importa arder
si viaxo xunto a él, e cos recados vosos.
Xa non me importa morrer
e ata sentirme por iso contento,
xa non me importa perecer
e co paso do tempo, pasar ao esquecemento.
Termina este ano dous mil dezasete sen Fran
aínda que está presente a diario nas nosas vidas,
pensamos e falamos del con verdadeiro afán,
chorando pola súa ausencia, e polas nosas feridas.
Copyright
Todos os dereitos reservados
Válida só para lectura, nin se copie, nin se comparta
--------------
Senén Campos Maceiras
A Estrada – 18/12/2.017
2 comentarios
Senén (Administrador) -
Cordiais saúdoe, graciñas polo comentario, e BIKIÑOS MIL.
Marina -